Loita por un ensino público, galego, democrático e de calidade!

Os Comités somos a organización do estudantado galego, un punto de referenza para moitas e moitos estudantes que veñen desde os anos oitenta establecendo unha alternativa nacionalista contra as agresións deliberadas cara o ensino público galego.

Organizámonos en Comités de centro (un por cada instituto, escola ou facultade) que son, por antonomasia, abertos xa que pode participar quen quixer. Dun xeito asembleario marcamos as nosas liñas de actuación e definimos as inquedanzas e respostas que nos caracterizan. Deste xeito, as nosas decisións tomámolas de xeito colectivo, en asembleas onde ti tamén tes voz.

Ti tamén podes participar nos Comités e, se estás interesada/o, cubre o seguinte formulario:

Os campos marcados cun * son obrigatorios

Nome*

Apelido*

Telefono

O teu email*

Campus (ou comarca)

Facultade (ou instituto)

Asunto

A túa mensaxe