|

|

[4/05/08] Os Comités Abertos de
Estudantes e os Comités Abertos de Escola e Faculdade
convocamos para o próximo
10 de maio na Coruña a Asemblea Nacional
Constituínte da Nova Organización do estudantado
galego baixo o lema Organizando o estudantado de hoxe para
a Galiza de mañá e que procura unir o estudantado
de ensino medio e de universidade nunha única organización.
| 
|
Por
un ensino digno!
Paremos este Decreto!
[7/04/08] Os Comités
Abertos de Estudantes facemos un chamamento
ao estudantado galego a acudir o próximo 28 de Abril,
á concentración convocada pola CIG-Ensino contra
o borrador de Decreto ás 12
h diante do Consello Escolar de Galiza, na
rúa de San Roque nº2 en Compostela.
· CAE
Informa sobre Campaña |
| 
|
Acceso libre
á Universidade!
[7/04/08] Os Comités Abertos de
Estudantes convocamos ao estudantado galego a unha Folga
nacional o 29 de Abril contra os atrancos
económicos e académicos que imposibilitan un
acceso igualitario ao ensino universitario, é dicir
polo acceso libre á Universidade,
contra a suba de taxas e a Selectividade.
· CAE
Informa da Campaña |
| 
|
Anteproxecto
de Bacharelato: Intolerábel!
[7/04/08] Os Comités Abertos de
Estudantes declaramos o Anteproxecto de Decreto polo que estabelece
o Bacharelato e o currículo galego como intolerábel,
xa que suprime unha hora de Historia e outra de Filosofía
e porque a Consellaría de Educación non aceptou
nin unha soa emenda.
· CAE
Informa sobre Campaña |
| 
|
A CIUG exclúe
o galego!
[10/02/08] Os Comités Abertos de
Estudantes vimos de denunciar a completa exclusión
do galego por parte da CIUG (Comisión Interuniversitaria
de Galiza) nos modelos de exame de Filosofía para as
probas da selectividade no vixente curso. esta é a
vontade lingüística que ten a Consellería
de Educación.
· CAE
Informa sobre Campaña |
| 
|
No Eusebio da
Guarda 17 Decembro, Día do Casco!
[12/12/07] Os CAE d´A Coruña
vimos de iniciar unha campaña para denunciar a situación
que vive a comunidade escolar do I.E.S Eusebio da Guarda por
mor dos innumerábeis problemas de goteiras e humidades
que leva soportando a comunidade escolar deste centro.
· CAE
Informa sobre Campaña |
Non ao préstamo
de pago!
[14/11/07] No proxecto de Lei da Lectura, do
Libro e das Bibliotecas presentado en marzo no Congreso establece
un canon por préstamo biblitecario de 0´20 eu. por
libro. Esta medida, basease nos dereitos de autor derivados da propiedade
intelectual e segue os criterios dunha Directiva europea de 1992.
| 
|
Relixión,
Fóra das aulas!
[14/11/07] Os
Comités Abertos de Estudantes avogamos
por un ensino laico. A relixión ten que sair da escola
pública pois as crenzas relixiosas forman parte do
ámbito privado e, polo tanto, o ensino relixioso debe
quedar ao marxe do obrigatorio e fóra do currículo
escolar. A escola hoxe, máis que nunca, debe ser un
espazo público, onde o adoutrinamento relixioso e ideolóxico
queden fóra das súas portas.Exiximos que a relixión
quede fóra do currículo escolar e que non se
permita ningún símbolo relixioso nos centros
escolares.
|
| 
|
En
galego!
[5/11/07] Os CAE da comarca da Coruña
vimos de denunciar a falta de compromiso de parte do profesorado
que non están a cumprir o decreto 124/2007 do 28 de
Xuño, de promoción do galego no sistema educativo,
que entrou en vixencia neste mesmo curso.
|
[11/05/07]
Campionato de fútbol
Pola mellora das intalacións deportivas nos centros
de ensino!
Os Comités Abertos de Estudantes da
comarca d´A Coruña reclaman como xa fixeron con anterioridade
a mellora das instalacións deportivas nos centros de ensino,
agora por medio dun campionato de fútbol sala.
| 
|
Acceso Libre
á Universidade!
[11/05/07] Os Comités Abertos de
Estudantes en colaboración cos Comités Abertos
de Escola e Faculdade estamos a desenvolver unha intensa campaña
nos centros de ensino medio e superior da Galiza contra os
atrancos académicos para o acceso ao ensino superior
e pola supresión da Selectividade e a Limitación
de Prazas.
· Panfleto
Nacional sobre Campaña |
| 
|
IX
Asemblea Nacional
[16/03/07] Tras varios anos sen ningún
tipo de organismos de dirección a nivel nacional, os
e as militantes dos CAE acordamos que xa era hora de volver
a dotarnos dunha nova estrutura firme e consolidada para erguer
a nosa organización. |
| 
|
Contra a violencia
nas aulas
[10/01/07]Os Comités Abertos de
Estudantes da Comarca da Coruña convocan, xunto coa
organización Galiza Nova, unha concentración
para o vindeiro día 15 de febreiro ás 13:00
horas para mostrar a nosa condena e repulsa aos acontecementos
de presunto acoso do director do Instituto PP. Franciscanos
a vari@s alumn@s do centro.
· CAE
Informa especial / A Coruña
|
[09/02/07]
Carla sobre sexualidade en Vigo
Os CAE de Vigo organiza conxuntamente con Galiza
Nova de Vigo unha serie de charlas formativas enmarcadas dentro
da campaña de sexualidade que estamos a desenvolver xunto
co Centro Quérote, D.X. de Mocidade e CIG-Saúde. A
primeira charla terá lugar este Xoves 8 de Febreiro ás
10:40 no IES de Politécnico e ás 12:40 no Valentín
Paz Andrade.
|

|
Asina polo .GAL
[09/01/07] A web da Asociación
PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para ofrecer
a opción de apoiar individualmente a reivindicación
do dominio propio para a lingua e a cultura galegas. A partir
de agora calquera pode asinar na páxina para deixar
constancia do seu apoio ao PuntoGal. Até
o de agora, xa hai máis de 1.000 sinaturas.
· Asina
por un dominio galego
|
[07/01/07]
IX Asemblea Nacional dos CAE
Despois de cinco anos dende a última asemblea Nacional, celebrarase
en Vigo o vindeiro 17 de Marzal do 2007 a IX Asemblea, tornaremos
asi a súa recuperación nacional e sequiremos apostando
por un ensino galego, propoio e democrático que defensa a
nosa identidade nacional.
[Descarrega os documentos
a debate]
| 
|
Folga no ensino
medio
[02/11/06] Haberá de concentracións
estudantís n'A
Coruña, Lugo, Viveiro, Arzúa, Verín,
Allariz, no Morrazo, etc. Igualmente,
nalgúns centros de Ferrol e da comarca de Compostela
os estudantes están a preparar outras actividades orixinais
para que o día 8 de novembro non pase desapercibido
para a Consellaría de Educación.
· Paxina
da Mocidade d'A Mesa |
| 
Imaxe da Campaña Nacional dos Comités
Abertos de Estu-dantes contra a Lei Orgánica de Educación
|
10
de novembro / Paro Xeral
Os Comités Abertos de Estudantes,
organización do estudantado de medias galego convocamos
xunto con Galiza Nova un paro xeral nas aulas de Galiza contra
o proxecto de Lei Organica de Educación, o paro terá
lugar a partir das 11:00 h da mañá o día
10 de Novembro.
· Cartaz
Nacional da Campaña
· O estudantado
galego contra a LOE
|
As demandas dos CAE para o ensino
deste país
Dotar ao estudantado duns coñecementos
e capacidades básicas que o formen a partir do contexto e
contorno máis próximo até, gradualmente, outro
máis universal. Permitir, a partir dun determinado momento,
unha especialización relativa en áreas de coñecemento
teórico/prácticas que posibiliten a entrada do estudantado
na universidade ou no mundo laboral...
Os
CAE opómosnos a Lei Orgánica de Educación
Os Comités Abertos de Estudantes (CAE)
vimos de manifestar o noso rexeitamento ao anteproxecto de Lei Orgánica
da Educación (LOE) proposto polo goberno español.
Para os CAE, o modelo non só non soluciona as carencias do
ensino público galego (que existen e son moitas), senón
que moitas das "novidades" introducidas son claramente
regresivas.
|