|

[4/05/08] Os Comités Abertos de
Estudantes e os Comités Abertos de Escola e Faculdade
convocamos para o próximo
10 de maio na Coruña a Asemblea Nacional
Constituínte da Nova Organización do estudantado
galego baixo o lema Organizando o estudantado de hoxe para
a Galiza de mañá e que procura unir o estudantado
de ensino medio e de universidade nunha única organización.

|
Eleccións ao Claustro na Universidade de Vigo
[4/05/08] O estudantado dos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo está chamado ás urnas o próximo 20 de maio para escoller aos seu representantes no Claustro da Universidade de Vigo e nos Consellos de Departamento. |

[3/05/2008]
Nos próximos días abriremos unha nova galería de fotos
En breve estará dispoñíbel unha nova galería con fotos das mobilizacións que tiveron lugar este pasado 29 de Abril durante a xornada de Folga Estudantil convocada polos CAF e os CAE.

|
Grande éxito
das mobilizacións contra a suba das Taxas!
[29/04/08] Aulas baleiras e masivas mobilizacións,
máis unha vez, en todo o País para parar a suba das
Taxas son o saldo máis que positivo desta xornada de Folga. |
| 
|
II
Curtas GZ
[17/04/08] O Comité de CC. SS. e da Comunicación
dos CAF de Pontevedra volven organizar as Xornadas da Curtametraxe
Galega -curtas.gz- desta volta serán os días
5 e 6 de maio
na Faculdade Ciencias Sociais de Pontevedra e polas que temos
solicitado 1 crédito
de libre elección para estudantes de toda a Uvigo,
a matrícula é de
balde.
· Matricúlate
aquí! |

|
A UdC posiciónase
contra a suba das taxas de matrícula no SUG
[17/04/08] O Claustro da UdC posiciónase
contra a suba das taxas sen votos en contra e grazas a unha
petición unitaria dos representantes de estudantes
neste órgano. |
| 
|
Eleccións
ao Claustro da USC
[17/04/08] No Claustro a nosa acción
destacou sobre as demáis levando a voz do estudantado
ás institucións, sendo oposición ás
políticas do reitorado. Por iso, nestas eleccións,
votar aos candidatos e ás
candidatas dos CAF é a mellor maneira de reforzar a
loita por unha universidade pública, galega e de calidade.
Cun amplo grupo de claustrais dos CAF, ficará garantido
que os problemas do estudantado serán escoitados no
Claustro e que a política do reitorado recibirá
unha forte resposta. |
| 
|
Asemblea
Constituínte
da Nova Organización do estudantado galego
[14/04/08] Os Comités Abertos de
Estudantes e os Comités Abertos de Escola e Faculdade
convocamos para o próximo
10 de maio na Coruña a Asemblea Nacional
Constituínte da Nova Organización do estudantado
galego baixo o lema Organizando o estudantado de hoxe para
a Galiza de mañá e que procura unir o estudantado
de ensino medio e de universidade nunha única organización.
|
[30/03/08]
Polo
dereito a estudarmos en galego
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade
apoiamos a manifestación nacional "Polo
dereito a vivirmos en galego" que convoca A
Mesa pola Normalización Lingüística para o 18
de maio.
| 
|
Despenalización
do aborto
[29/03/08] O Comité de Dereito dos CAF da Coruña
teñen programado un debate
en torno á despenalización do aborto
coa participación de Ana Pontón (BNG), Laura
Seara (PSOE), Susana López (PP) e Luz María
Puente (Profesora de Dereito Penal da UdC) terá lugar
no Salón de Graos de Dereito
ás 12:00 h do Mércores 2 de
Abril.
· Cartaz
do debate |
| 
|
Ciclo
de Cinema:
Terra e Revolución!
[24/03/08] O Comité de Filoloxía da Coruña
celebrará todos os mércores 2,
9, 16 e 23 de abril o III Ciclo de Cinema:
Terra e Revolución para o que temos solicitado 1
crédito de libre elección. As
sesións terán lugar ás 16:30 no Salón
de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade
da Coruña.
· Cubertas todas as prazas! |
| 
|
Imprimir en Ciencias, Misión imposíbel!
[12/03/08] Os Comités Abertos de Escola e Faculdade
de Ciencias no Campus de Vigo veñen de iniciar unha
campaña para denunciar o mal funcionamento dos servizos
de impresión das aulas de informática e reprografía
e demandar ao decanato unha solución a este problema.
· CAF
Informa da Campaña |

|
10
de Marzo, Día da Clase
Obreira Galega
[10/03/08] Contra a carestía da
vida salarios dignos. A CIG convoca para o día da Clase
Obreira Galega unha marcha que partirá ás 19:30
horas do local do sindicato en Ferrol e rematará no
Cantón. |
[8/03/08]
Charla-Coloquio: A violencia machista
O Comité de Dereito de Compostela organiza unha charla coloquio
sobre violencia machista o próximo mércores
12 de marzo ás 20:00 h na aula 2 da Facultade de Dereito
coa participación de María do Pilar García
Negro e Raquel Castillejo Manzanares.

|
Día
das Mulleres
[8/03/08] Pese as prohibicións
gubernamentais, as mulleres, na Galiza, estivemos na rúa
este 8 de Marzo. Non podíamos quedar na casa e caladas,
non nos podían silenciar, sobre todo no día
internacional da nosa loita, no dia internacional das mulleres. |
[8/03/08]
A historia da Marcha Mundial das Mulleres
O Campus da Coruña dos CAF organiza para o luns día
10 de marzo, ás 20:30 h na Agrupación Cultural Alexandre
Bóveda sita na rúa Olmos 16-18 1º, unha proxección-coloquio
sobre a historia da Marcha Mundial das Mulleres coa participación
de Pura Ferreño da Coordenadora nacional da Marcha Mundial
das Mulleres na Galiza.
| 
|
Xornadas
de Economía
Alexandre Bóveda
[27/02/08] O Comité de Económicas,
ADE e Empresariais dos CAF e a Asociación de Estudantes
por unha Economía Galega "Roi Xordo" da Coruña
organizan para os próximos días
11, 12, 13, 26, 27 de marzo e o 3 de abril
polas que están solicitados 2
créditos de libre elección pola
UdC.
· Matricúlate
nas Xornadas |

|
Múdao!
[29/01/08] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade comezamos esta campaña na véspera
dos exames de Febreiro para evitar que máis unha vez
se salten os nosos dereitos lingüísticos: Temos
dereito a que nos dean os nosos
exames en galego! |

|
O CXG posiciónase
contra a suba das TAXAS!
[28/1/08] O Consello da Xuventude de Galiza
aprobou este sábado unha iniciativa
dos CAF na que se pedía á Consellaría
de Educación a conxelación
da suba das Taxas para o vindeiro curso. |
[28/1/2008]
Xa
podes solicitar o voto por correo para as Eleccións Xerais
Se resides no estado español podes solicitar o voto até
o 28 de Febreiro e se estas temporalmente fóra, por exemplo
de ERASMUS, tes para solicitar o voto por correo até o día
9 de Febreiro.
|

|
Aborto
Libre e Gratuito na
Sanidade Pública!
[22/1/08] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade apoiamos as concentracións que o
próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs
a Marcha Mundial das Mulleres convoca varias cidades do país
para reclamar o dereito ao Aborto. |

|
Proxección
+ Coloquio
[16/01/08] O Comité de Dereito
do Campus da Coruña ven de organizar para o xoves 17
de Xaneiro a proxección do filme documental "Voces
contra a globalización nun mundo desigual" que
terá lugar no Salón de graos da Facultade de
Dereito. |
|

|
I Xornadas Lingua
Literatura e Nación Carvalho Calero
[14/12/07] O Comité de Filoloxía
da Coruña organizou para os días
16, 17 e 18 de Xaneiro as I Xornadas Lingua,
Literatura e Nación: "Ricardo Carvalho Calero"
que se desenvolverán no
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da
Coruña. A matrícula é de balde,
e o prazo para se apuntar é até o día
16 de Xaneiro ás 16:00 horas. Están solicitados
2 créditos de Libre Elección pola UdC. |
[5/12/2007]
Comunicado
dos CAF de Políticas sobre a folga do Mércores 5
Os CAF de Políticas teñen a ben desmentir o publicado
o Mércores pasado no xornal "La Voz de Galicia".
Os CAF non convocaban a Folga do día 5 senon que o facía
a Plataforma polo NON na que estamos todos os estudantes que amosamos
o noso rexeitamento ao plano de estudos imposto polo decanato.
| 
|
Mércores
12 Eleccións na USC
[4/12/07] O próximo Mércores
12 de Decembro os estudantes da USC estamos
chamados ás urnas para escoller os representantes nas
Xuntas de Centro. Os CAF apresentamosnos desta volta baixo
o lema Abrindo Camiños
nas Aulas e pedimos o apoio de todo o estudantado
da USC o día 12 baixo as premisas da defensa dun ensino
galego, público, democrático e de calidade. |
| 
|
Paremos o plano
de Políticas!
[3/12/07] O Comité de Políticas
dos CAF informa sobre o cambio do plano de estudos. Ante a
caótica situación que a nosa facultade está
a padecer, os CAF queremos denunciar: que a nosa postura sempre
estivo, está, e estará en contra
da imposición antidemocrática e homoxeneizante
do denominado EEES.
· Contra
a imposición do Decanato |

|
Eleccións
a Reitor na UdC
[30/11/07] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade como organización estudantil temos
a obriga de valorar e facer pública a nosa posición
ante o proceso aberto na Universidade da Coruña para
a Elección do Reitor para os vindeiros 4 anos. |
[23/11/2007]
25
de Novembro / Por un futuro de IGUALDADE
Respéctame. As miñas diferencias, os meus desexos,
a miña sexualidade, a miña historia, a miña
capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir
sobre a miña vida, a miña sexualidade, as miñas
amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións,
sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen
estereotipos, sen sexismo, sen machismo...
| 
|
Paremos a suba
das Taxas!
[23/11/07] O Xoves 22 de Novembro estregamos
as máis de 10000 sinaturas que recollemos en todos
os Campus do País e para exixir unha reunión
coa Consellaría de Educación que finalmente
a reunión terá lugar o Martes 27 ás 10:00
h da maña.
· Cobertura
mediática Nacional
· Galería
de fotos da Concentración |

[21/11/2007]
Novas Imaxes das Mobilizacións contra a suba das Taxas
Tendes ao clicar nas fotos de enriba, unha galería
fotográfica das mobilizacións convocadas polos CAF-CAEF
contra a suba das Taxas de matrícula.

|
Benvida señora
Ministra
[17/11/07] Recibimos con apupos á
Ministra de Educación e Ciencia na súa visita
á cidade da Coruña este sábado. Protestamos
contra a suba das taxas, pedimos a tranferencia da política
de bolsas e denunciamos as consecuencias da aplicación
do Plano Boloña na Galiza. |
[16/11/2007]
Comunicado
Nacional
Transcorrido o prazo que lle dimos á Consellaría de
Educación para fixar unha data para negociar a paralización
do incremento das Taxas a nosa organización convoca ao estudantado
galego a unha Concentración Nacional en Santiago de Compostela
para entregar as sinaturas e exixir que se atendan as nosas xustas
reivindicacións.

|
Entrega das Sinaturas
[16/11/07] O próximo 22 de Novembro
ás 12:30 h durante a celebración da Concentración
Nacional, faremos entrega das máis de 10000 sinaturas
que conseguimos para parar a suba das Taxas, animo que temos
que conseguilo!! |
| 
|
Militarismo
fóra da Universidade
[15/11/07] O martes 13 tivo lugar na Faculdade
de CC. da Comunicación de Pontevedra unha xornada de
propaganda militarista, supostamente dirixida a estudantes,
e na que participaban representantes do Ministerio de Defensa
e dp CNI. Realizamos unha grande campaña de información
antimilitarista entre o estudantado e participamos dun boicot
ao propio acto, expresando a nosa repulsa e conseguindo que
os militares abandoaran sala.
|
[13/11/2007]
Anótate para ir en bus á Concentración Nacional
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade
facilitarán a viaxe a Compostela para asistir á Concentración
Nacional poñendo buses de balde desde os Campus. Para anotarte
só tes que cubrir o formulario que aparece ao clicar arriba.
| 
|
Xoves 22 ás
12:30 h
Concentración Nacional
[12/11/07] Xa que a Consellaría
de Educación non dá fixado unha data para negociar
a paralización da suba das Taxas facémolo nós,
o Xoves 22 ás 12:30h Concentración
Nacional diante da Consellaría (San Caetano),
que nos reciban ese día!
· Cartaz
Nacional da Concentración |
| 
|
Magosto'07
Castañazo ás Taxas na Coruña
[12/11/07] O Comité de Filoloxía
dos CAF-CAEF no Campus da Coruña vén de ultimar
os detalles para a celebración do seu Magosto, este
ano focalizado na loita pola paralización da suba das
Taxas de matrícula. A celebración será
coma sempre na Cafetaría da Faculdade de Filoloxía,
o próximo 23 de Novembro
a partir das 21:00h e haberá viño,
castañas e cervexa de balde. |

|
Magostos
no
Campus de Lugo
[12/11/07] Os compañeiros do Campus
de Lugo organizan para este Mércores
14 a partir das 19:00h o seu xa tradicional Magosto dedaixo
da Cafetaría da Escola Politécnica, non
o podedes perder! |

[7/11/2007]
Galería Fotográfica das Mobilizacións contra
a suba das Taxas
Tendes ao clicar nas fotos de enriba unha galería
fotográfica das mobilizacións convocadas polos CAF-CAEF
contra a suba das Taxas de matrícula.

|
Magostos contra
a suba das TAXAS
[7/11/07] Os Magostos dos CAF terán
este ano un especial contido reivindicativo e contra a suba
das Taxas no Campus de Ourense
será o Xoves 8, e no da Coruña o Venres 23 na
Faculdade de Filoloxía. |
[31/10/2007]
Continuamos coa recollida de sinaturas
Debido á grande aceptación que
tivo a recollida de sinaturas en todo o País, os Comités
Abertos de Escola e Faculdade imos seguir recollendo sinaturas en
contra da suba das Taxas para que sexamos cantos máis mellor.
Xa van máis de 9000!!!! Animo e asinade.
| 
|
Grande
éxito nas concentracións contra a suba das Taxas
[31/10/07] Aulas baleiras en todo o País
e masivas mobilizacións contra a suba das Taxas son
o saldo positivo desta xornada de Folga Estudantil convocada
polos Comités Abertos de Escola e Faculdade. Agradecemos
tamén ao estudantado galego o seu compromiso coa campaña
dos CAF-CAEF tanto na recollida de sinaturas como nas mobilizacións. |

|
Cobertura
mediática
[26/10/07] Arquivo de prensa das novas
que os medios escritos e dixitais publicaron en distintas
edicións durante todo o mes para cubrir a previa da
convocatoria de Folga Estudantil do 31 de Outubro en contra
da suba das taxas académicas. |
[23/10/2007]
Anuncio
da Folga realizado polo Campus de Pontevedra
Os compañeiros de Audiovisuais de Pontevedra
veñen de colgar no youtube un anuncio que fixeron da Folga
do 31 de Outubro en contra da suba das taxas universitarias.
| 
|
Máis mobilizacións
[23/10/07] Ademais das mobilizacións
xa convocadas na Coruña e Compostela, os
compañeiros de Pontevedra convocan unha caceirolada
diante da Consellaría de Educación ás
12:00 h e nos Campus de Ferrol, Lugo, Ourense
e Vigo tamén se convocarán actos reivindicativos
para o propio día 31 de Outubro.
· Cartaz
da Caceirolada |

|
Consellaría
de
Educación, culpábel!
[22/10/07] Vimos de solicitar unha reunión
coa Consellaría de Educación que agardamos teña
lugar na próxima semana para intentar solucionar o
conflito que crearon con estas subas inxustificadas e abusivas. |
[22/10/2007]
Asina para parar a suba das taxas!!
Os CAF-CAEF estamos a recoller sinaturas en
todas as Escolas e Facultades do país, mais se aínda
non tiveches opurtunidade de asinar e concordas coa nosa demanda
podes asinar a traves desta páxina.

|
Mobilizacións
[19/10/07] O Campus de Compostela e máis
o Campus d'A Coruña dos CAF-CAEF veñen de convocar
concentracións para o día 31
de Outubro ás 12:00 h. na Praza do Toral en
Compostela e á
mesma hora nos Novos Ministerios
na Coruña. |
| 
|
31 de Outubro,
Folga Estudantil!
[1/10/07] Por mor da suba das taxas decretada
pola Consellaría de Educación a nosa organización
está a desenvolver unha intensa campaña de comezo
de curso na que chamamos á Folga o día 31 de
Outubro.
· Cartaz
da Nacional da Folga
· Panfleto
Nacional da Campaña |
| 
|
Novo número
d'O Manifesto
[25/07/07] O número 19 d'O Manifesto
analiza exahustivamente e por ámbitos de coñecemento:
ciencias sociais e xurídicas, experimentais e da saúde,
ámbito tecnolóxico e tamén o humanístico;
as implicacións do proceso de Boloña na Galiza,
analízanse os atrancos para o acceso ao ensino superior
e a situación da nosa lingua.
· O
número 19 d'O Manifesto |
[29/06/2007]
Comunicado
de prensa contra a suba das taxas
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade
e a organización xuvenil Galiza Nova fixeron pública
nun comunicado a súa posición contraria á suba
das Taxas Académicas decretadas para o curso 2007-2008 pola
Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
| 
|
Soben
as Taxas!
[27/06/07] Debido á recente comunicación,
en rolda de prensa, por parte Conselleira de Educación
e Ordenación Universitaria dunha suba no prezo das
Taxas Académicas das Univerisdades de SUG, queremos
manifestar a nosa total oposición a este incremento
desproporcionado e inxusto que supon máis un obstáculo
para o acceso universal á educación superior.
As Taxas soben 4 puntos con respecto ao ano pasado na primeira
matrícula, e sobre esta a segunda un 15% a terceira
un 35% e da cuarta para diante un 50%. |
[27/06/2007]
Manifestación
polo día do Orgullo LGTB
O sábado 7 de xullo ás 20.00h
con saída da Alameda e remate na praza da Quintana á
que lle seguirá a Festa-concerto a partir das 22:00h con
Projecto Mourente, The Homens e Nancy Rubias.
| 
|
Libre Impresión!
[5/06/07] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade do Campus d'A Coruña estamos a desenvolver
en varios centros unha campaña contra o sistema de
control das impresións nas aulas net. Este sistema
estase a implantar en practicamente todos os centros e supón
a concesión encuberta dun servizo que até o
de agora xestionaba directamente a UdC.
· Ligazón
a Campus d'A Coruña |

|
Fichas
de Profesorado
[5/06/07] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade están a repartir en varios centros
da UdC unhas fichas de profesorado para simplificar as reclamacións
por absentismo do profesorado ou por incumprimento da normativa
académica. |
[17/05/2007]
Nova actualización do especial
dos CAF sobre o EEES
Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF-CAEF) poñemos
á vosa disposición este espazo na web para informarvos
sobre o que o EEES significa para o Ensino Superior na Galiza /
bolonha@comitesabertos.org
[17/05/2007]
Os
CAF-CAEF no programa da Radio Galega As Quimbambas
O Comité de Xornalismo de Compostela tivo oportunidade de
dirixir o programa das Quimbambas emitido en directo desde a Facultade
de CC. da Comunicación da USC o día anterior ao día
das letras galegas. Podedes escoitar o programa na páxina
web da crtvg.
| 
|
Tíralles
da Lingua
[11/05/07] Os Comités Abertos de
Escola e Faculdade están a desenvolver unha campaña
baixo o lema "É a túa quenda, Tíralles
da Lingua", a campaña pon de relevo a necesidade
de que sexa o estudantado quen faga realidade os Planos de
Normalización Lingüística das tres Universidades
así como o seu principal protagonista.
· Panfleto
Nacional sobre Lingua |

|
Acceso
á Universidade
[11/05/07] Os Comités Abertos de
Estudantes xunto cos Comités Abertos de Escola e Faculdade
están a desenvolver unha intensa campaña contra
os atrancos académicos para o acceso ao ensino superior:
a Selectividade e a Limitación de Prazas. |
|