Texto de apoio á manifestación do 17 de Maio

Os Comités participaremos na manifestación nacional convocada pola Plataforma Cidadá Queremos Galego deste 17 de maio e, como non ía ser doutro xeito, difundimos o manifesto de apoio á mobilización

Comunicado do Peche Historia!

O pasado venres, estudantes da USC decidiron comezar, unha vez máis, un peche na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

As e os colexiais do C.M Rodríguez Cadarso desmiten á USC!

Reproducimos un novo comunicado das e dos colexiais do C.M. Rodríguez Cadarso da USC:

11 de maio: II Asemblea Nacional dos Comités!

“Unidade e Loita! En pé polo ensino público galego!” é o lema da nosa II Asemblea Nacional, que desenvolveremos este vindeiro sábado, 11 de maio, desde ás 12:00h na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela!

Horarios e lugares das mobilizacións do 9 de maio. Non á LOMCE!

Participa nalgunha das vinte e cinco mobilizacións convocadas na meirande parte de comarcas de toda Galiza para o vindeiro xoves, 9 de maio, na folga estudantil contra a LOMCE e na defensa do ensino público.

Achegamos documentos de procesos asemblearios antigos!

Hoxe achegamos novos documentos antigos do movemento estudantil nacionalista galego! Na vindeira semana, iremos actualizando a relación de documentos aprobados nas asembleas nacionais das organizacións estudantís que nos precederon.

Non á LOMCE! #ParémosllesosPés

Iniciamos hai unhas semanas a campaña chamando á folga estudantil do 9 de maio e queremos que sigas a colaborar con nós. É moi sinxelo, sácaste unha foto co cartaz que está abaixo e enviala ao enderezo nacional@comitesabertos.org. 

Casares, escoita! O Cadarso está en loita!

Reproducimos o último comunicado realizado polas e polos colexiais do C.M Rodríguez Cadarso da USC.

Acordo sobre o Claustro da Universidade da Coruña

A seguir damos conta do acordo ao que as organizacións estudantís e claustrais independentes da Universidade da Coruña chegamos co obxectivo de defendermos conxuntamente os intereses e as condicións de estudo d*s estudantes da UdC.